Leva funcionando como tal dende 1990 cumplindo agora 20 anos e na que se imparten clases de baile, gaita e pandeireta.

Un dos proxectos máis interesantes levados acabo por Abiñadoira é a publicación dos dous tomos de Albores de Sanxenxo,un libro cheo de fotografías antigas do Concello que se puido levar a cabo coa gran colaboración dos veciños do municipio.Outra das actividades levadas a cabo pola asociación é a semana cultural sendo o punto álxido a romaría que ten lugar o domingo rematando coa noite folk



XVIII Semana Cultural,ANO 2011

lunes, 23 de agosto de 2010

Festival Xironsa 2010


Como cada ano a Asociación Xironsa organiza a súa pequena festa a que todos estades convidados.
Terá lugar este sábada 28, no campo da festa de Corvillón, Cambados.
Poderedes disfrutar dunha tarde amena participando nos xogos tradicionais como é o da chave que cada ano conta con máis adeptos.

Bou de Bou e Canivela amenizarán o día estando tamén presentes os alumnos da Agrupación.
Contarán coa actuación do grupo de corda, acordeón e voz "Manso e amigos" por todos coñecidos.
O remate todo aquel que queira poderá animarse a subir ó palco.

E para os máis famentos unha gran mexiloada, chourizos do pais e rico viño para molla-la palleta.

No hay comentarios: