Leva funcionando como tal dende 1990 cumplindo agora 20 anos e na que se imparten clases de baile, gaita e pandeireta.

Un dos proxectos máis interesantes levados acabo por Abiñadoira é a publicación dos dous tomos de Albores de Sanxenxo,un libro cheo de fotografías antigas do Concello que se puido levar a cabo coa gran colaboración dos veciños do municipio.Outra das actividades levadas a cabo pola asociación é a semana cultural sendo o punto álxido a romaría que ten lugar o domingo rematando coa noite folk



XVIII Semana Cultural,ANO 2011

viernes, 1 de octubre de 2010

Programa Navega e Educa da Mancomunidade do Salnés

o 3 de Outubro todos aqueles que teñades entre 15 e 35 anos poderedes participara nunha singradura abordo da Goleta Raquel C. organizada polo Concello de Sanxenxo e Mancomunidade do Salnés

Sábado, 3 de out
ubro,1º turno de 9:30 a 13:30, 2 º turno de 15:00 a 19:00
Domingo, 4 de outubro d
e 15:00 a 19:00













A actividade consistirá en :
Recepción e embarque no porto de Portonovo. Partir rumbo Ons. Presentación do barco, da tripulación, das medidas de seguridade e da actividade.

Introducción á navegación a vela: explicación dos diferentes compoñentes dun barco veleiro. Participación no izado de velas. Interpretación dunha carta náutica.

Presentación da costa da Ría, recoñecemento dos pobos costeiros da Mancomunidade e do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Descrición da súa riqueza, das distintas formas de producción (pesca, marisqueo, bateas), do papel dos plans de explotación de especies e da importancia da conservación dos espazos protexidos.

Observación de cetáceos, debate sobre cambio climático ou algún outro tema de interese ou de actualidade e avaliación e desembarco.

  • INSCRICION: CONCELLERIA DE MEDIO AMBIENTE (986744909)CONCELLO DE SANXENXO

No hay comentarios: