Leva funcionando como tal dende 1990 cumplindo agora 20 anos e na que se imparten clases de baile, gaita e pandeireta.

Un dos proxectos máis interesantes levados acabo por Abiñadoira é a publicación dos dous tomos de Albores de Sanxenxo,un libro cheo de fotografías antigas do Concello que se puido levar a cabo coa gran colaboración dos veciños do municipio.Outra das actividades levadas a cabo pola asociación é a semana cultural sendo o punto álxido a romaría que ten lugar o domingo rematando coa noite folk



XVIII Semana Cultural,ANO 2011

martes, 9 de noviembre de 2010

Hola amigos xa levábamos sen dar novas por falta de tempo, moitas disculpas pero xa chegou o inverno i con el seráns e foliadas así que poñédevos as pilas:

Para comezar dicirvos que iste sábado pasado tivo lugar o serán da illa de Arousa organizado pola Asociación Dorna, pero, non chegou ata nos a noticia pra comunicárvola.
Decidiron volver facelo na sala Capitol no antigo cine o igual que se facía nos seus inicios i a verdade é que ise sitio nos gusta máis.

Sábado 13: Temos unha cita no serán de Sobradelo, Vilagarcia de Arousa.

XENTES DE LIMIÑOA, TOUTÓN, PONTECALDELAS, REGHO DO VARGHO, ARCOS, LOIMIL, ETC,








Sábado 20: A Asociación Xironsa organiza coma tódolos anos o seu Magosto con castañas pra todos animádevos a pasar un rato entretido cun pouco de música e baile.

Iremosvos avisándo de máis cousas.

No hay comentarios: