O vindeiro sábado día 18 de Decembro de 2010, a Asociación Cultural Abiñadoira celebrará a tradicional Festa do Nadal no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.
O evento dará comezo ás 20:00 horas, cunha exposición fotográfica, no vestíbulo do Pazo, que recorre diversos eventos e actuacións que ten celebrado esta asociación ao longo dos seus xa 20 anos de existencia. As 20:30 dará comezo a Festa no auditorio. Os integrantes da asociación farán unha mostra do seu traballo de música e danza, nesta ocasión, ambientado nos anos 40. Tamén partipan na Festa, os amigos e compoñentes do grupo Noutrora de Ribadumia.
Asímesmo celebrarase o sorteo dunha Cesta de Productos, donación da Carnicería-Charcutería El Puerto, de Sanxenxo, entre todos os asistentes que poderán mercar unha rifa por tan só 1€.
Ao remate terá lugar a xa tradicional Cea de confraternidade que esta asociación celebra cada ano por estas datas.
1 comentario:
calentando motores!!!!! o sábado antes de ir pra cea, iremos a tomar uns viños a taberna no miraflores!!!!
PD: (por fin funcionan os comentarios)
Publicar un comentario