Leva funcionando como tal dende 1990 cumplindo agora 20 anos e na que se imparten clases de baile, gaita e pandeireta.

Un dos proxectos máis interesantes levados acabo por Abiñadoira é a publicación dos dous tomos de Albores de Sanxenxo,un libro cheo de fotografías antigas do Concello que se puido levar a cabo coa gran colaboración dos veciños do municipio.Outra das actividades levadas a cabo pola asociación é a semana cultural sendo o punto álxido a romaría que ten lugar o domingo rematando coa noite folk



XVIII Semana Cultural,ANO 2011

Albores de Sanxenxo

 " ...y de rodillas te juro,
que cuando tenga dinero
en la playa de Silgar
con letras de oro, pondré un letrero,
diciendo, "tu eres Sanxenxo
lo más bonito del mundo entero..."








"... Mirando estes sinxelos documentos temos a sensación do desaparecido, da perda do auténtico. As caixas de madeira que escondían as placas de colodión serviron pra deixar testemuña do nitrato en papeis hoxe amarelos, que saudamos como unha querida mostra do noso patrimonio. Saúdo nostálxico a tempos idos, que levaron a xentes queridas e fixeron desaparecer lugares da Vila onde fomos tan felices. As imaxes seleccionadas para o libro, servirán de contraste para apuntalar recordos de correrías infantís por rúas e campos e praias, e do que nos aconteceu en festas aquí e alí. Abriremos o balcón da memoria e recordaremos que Sanxenxo tiña outra luz, outra musicalidade, outro arrecendo. Sanxenxo era distinto."
Prólogo Albores de Sanxenxo tomo I.



Abiñadoira afrontou un grande reto coa edición de Albores de Sanxenxo chegando a publicar un segundo tomo e unha reedición do primeiro dado o grande éxito que tivo. Pódese adquirir na libreria Nos de Sanxenxo e a través da Asociación, ten un prezo de 20 euros.